Atrapados

Levamos un tempiño na familia enganchados ao “Atrápame se podes” e o millor de todo é que na familia pensan que eu debería concursar pero sei que petardeo en deportes e temas musicais. O programa é divertido e ten momentos simpáticos como o de “Sishuka, Sishuka”, “Mongolia”, “Espinaca” como muller de Popeye, Granada dentro da provincia de Ourense ( movendo un chisco os marcos!) ou “Pigmeo” como persoa sen pigmento na pel. E tamén se aprende.

Vendima 2021

Onte fun vendimar a Arbo. Había que vendimar as tintas para casa. Tiña que ir á viña de Correlos pero confundinme e fun á de Suborribas así que percorrín toda a Veigha de Campos para topar a xente vendimando. Alí almorzamose falamos de varias cousas coma as “vellotinas” que só queren Coca Cola da marca. Logo fomos ao San Benito e fun por un camiño novo. As veigas estaban cheas de xente a vendimar para casa que as adegas que mercan uvas inda non abriron. Apareceu un helicóptero vermello e pequeno que era mui xeitoso. Debía de estar controlando a vendima dende o aire e logo tirou cara a Portugal onde tiñan os muiños eléctricos a traballar mentres os virandelos de San Fins estaban parados. As eléctricas saben ben roubar cartos. Logo fomos ao Couto que poucas tintas ten e rematamos nas Carmelas, por debaixo de Suborribas. Fomos xantar e falamos das Torres Xemelgas, das baixas dos policías e dos tempos pasados da posguerra civil. Despois estruchamos as uvas e rematou o choio.

Á volta para a casa pasei polo autobús de dous pisos de ” A Raia termal “, unha iniciativa turística para dar a coñecer os concellos da Raia.

E á noite miramos a película “Luca” dun neno mostro mariño de Italia que quere saír a terra firme e conseguir unha Vespa co seu amigo Alberto e viaxar. Bonitas imaxes dun Mediterráneo limpo e dunha Italia corida de hai setenta anos.

Can ghramado

Pasa o tempo e pasa muita xente pola fábrica. Algúns xa se lles perdeu nome polo pouco que duraron. Sei que houbo un Damián que durou un par de días, un Iván que durou máis pero colleu o Carroñaviros e xa non volveu. Un Emile venezolano créoqué que marchou para a automoción e un arxentino-galego de carretilleiro que o facía ben.

Aguantan o tirón os carretilleiros Edgar da Caniza, Carlos de Salceda e Miguel de Atios, o mozo Jose de Venezuela, o de correctores Jose “Bonito” e Rubén o do empaque que vén da República Dominicana. E Pablo do empaque que me ensinou a frase “can ghramado” que é o can que pasa toda a vida encadeado e “ghramar” vén a dicir “fastidiarse”.

Unha mágoa que co novo convenio desapareza a antigüidade. Todos son a mallar no pobre.

Maioría de idade do Festival de Cans

Esta semana foi o festival de Cans. Un día houbo un concurso de caros relacionados co cinema e que incluían o famoso can de Cans. Había varios artistas facendo a obra en directo e había un que pintou a imaxe de E.T voando na bicicleta pero en vez de ser E.T era o can amarelo do Festival que non sei se terá nome.

E hoxe fun dar unha volta pola zona. Había mui pouca xente a pasear e facía bo día. Cambieille dous euros por dous cans a unha antiga veciña para tomar unha cervexa. Despois apareceu outra veciña que me convidaba a outra cervexa pero non quixen e logo apareceu un antigo compañeiro do choio que botou mui pouco tempo como pasa ultimamente.

O dito, había pouca xente mesmo nas actuacións e o protocolo antiCovidia non deixaba cubrir os asentos libres. E de alí a un pouco marchei e menos mal que non tomei outra cervexa que houbo un control e mandáronme soplar.

Tamén hoxe pasou a volta ciclista a España. Esquivei o centro de Vilaguindastre pero na autovía había un accidente e creo que un condutor portugués dunha carriña deixou de conducir. Unha mágoa neste día tan bonito.

Por terras de Muros

Onte fomos cos amigos do Morrazo ata Muros, na provincia de Coruña. A viaxe fíxose longa no tramo coruñés, especialmente de Rois ata o monte Louro. Pasamos por Muros con muito tráfico que ía ás praias. No monte Louro quedamos sen mirar a lagoa de Xarfas e a praia que quedará para un futuro. Xantamos en Esteiro na de Carmiña. Quixemos probar os croques da ría pero déronnos uns que sabía a gasóleo queimado. Un veleno para matar turistas. Queixámonos e déronnos uns bos e a ver se mañán estamos ben da barriga. Logo fomos á praia de Bornalle que tiña auga quentísima e non cubría nada. É unha praia familiar con cans e cun pinar e un chiringo. Despois recollemos ás nove da noite porque estábase de vicio. Paramos a cear en Padrón “O secreto dos viños” e bastante ben.

O día estivo ben. Foi malo non poder pasear antes de xantar e que me rozaron o coche en Esteiro.

Virá o verán?

Neste verán tolo xa rematei as vacacións. Primeiro foron na casa e en Ldn cun mal tempo que pouco se apreveitou e logo foron uns diíñas perto de Braga nunha quinta onde había piscina e fixemos competicións de petanca e paletas. E agora que me toca traballar vén a calor! Polo menos non estou confinado coma un compañeiro de choio. O coranobirras non perdoa e pasaremos por el todos máis tarde ou máis cedo!

Crea tu sitio web con WordPress.com
Empieza ahora