
Aí atrás merquei un cómic que dicían que estaba entre os cen millores da historia e ben pode ser. Trazos sinxelos, tres cores e un guión que trata da busca dun historietista case descoñecido. Dá para pensar sobre a mentalidade e a forma de levar a vida. ‘La vida es buena si no te rindes’ de Seth.

Se a anterior novela estaba entre as cen millores eu colocaría ‘El Nao de Brown’ de Glyn Dillon entre as millores vintecinco. Trata dunha chica que ten TOC e que se mira capaz de matar xente en todo momento, especialmente nenos. Trata de sobrelevar o trastorno indo a clases de budismo e debuxando.
Se o guion é novidoso a obra onde destaca é no debuxo. Cada viñeta é unha obra de arte e domina todas as perspectivas e ángulos e a representación das expresións humanas é superior. É unha mágoa que este debuxante non teña muita máis obra. Adícase a varias facetas e unha é a do deseño dos traxes da Guerra das Galaxias.
O dito, marabilla sobre marabilla.