O derradeiro libro de Emma Olsen

Cando lin ‘Aquel verano’ das curmás Tamaki non puiden deixar de relacionala con ‘O derradeiro libro de Emma Olsen’. As dúas obras tratan da amizade entre dúas nenas, as súas preguntas, as súas dúbidas e os seus soños. As dúas obras están ambientadas en pequenas vilas algo decadentes cuns habitantes complexos e cos seus problemas sociais.

‘O derradeiro libro de Emma Olsen’ é de Berta Dávila e está mui ben debuxado por Pablo Prado e foi editado en 2020 e non sei como non falei antes del. É unha novela gráfica perfectamente desenrolada cunha trama que non descobres ata o final. Eu pensei que a tal Emma Olsen de verdade existira e que esta era a súa verdadeira historia pero todo foi argallado de forma magnífica por Berta Dávila.

Unha novela gráfica de premio se non vivisemos neste mundo onde o galego non conta.

Publicado por paideleo

Gústame barallar e axúdome de fotos

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar