‘Balada para Sophie’ e máis

Lin ‘Balada para Sophie’ e prestoume. Tiña boas referencias dela e non estaban erradas. A novela gráfica trata da relación entre dous pianistas rivais narrada por un deles. O final non se pode contar pero é o millor e eu non me decatei ata ese momento.

Domingo fomos a Arbo e fotografei as galiñas que tal como están as normativas non sei se lle queda muito tempo ao galiñeiro. Estiveron Elisa e Iago, uns segundos curmáns de Leo e Xela e estiveron atrás de Elsa. Á tardiña convidamos aos veciños a un petisco.

E a semana vai pasando co seu mal tempo e o traballo pola noite. Ah, coincidín onte outra vez con Gorgo para unha concentración en favor de Palestina que o que pasa alí non ten nome.

Publicado por paideleo

Gústame barallar e axúdome de fotos

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar