Vibo mask 2024

Tíñalle ganas eu de mirar os entruidos tradicionais así que fun a Viana do Bolo á Vibo Mask onde saían muitos representantes dos diferentes entruidos. Cando levaba tres ou catro grupos quedei sen batería e a cámara de fotos morreu así que fixen poucas fotos e poucos vídeos. Supoño que Orgullo Galego e Marta Dacosta farían máis que por aí andaban.

Estivo ben e agora foi facer a listaxe en limpo da que fixen in situ nunha folla do concello prohibindo aparcar.

Primeiro saíron os boteiros de Viana do Bolo co fulión, despois uns que viñan de fóra e non quedei co nome, despois o Vellarrón de Riós. E agora vai o que anotei no papel:

-Sidros y comedies de Valdesoto (Asturies)

-Fulión e boteiros de Vilariño de Conso

-Troteiros de Bande

-Felos e madamas de Esgos

-Joaldunak de Abanto de Biskaia que eran brutos e as mulleres levaban coma un dragón chinés pero era un cabrón negro

-Pantallas de Xinzo

-Bonitas de Sande

-Caretos de Lazarim (Portugal)

-Cigarrós de Verín

-Zamarreiro, boi, home de prata, morte, vella e charrelos da Veiga

-Folión de Buxán, O Bolo

-Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba, Chantada, Lugo

-Rollàte e pajzan de Sappada/Plodn, Údine, Italia

-Galos da Merca

-Caretos de Arcas, Maceda, Cavaleiros (Portugal)

-Vijanera de Silió, Cantabria

-Andruido en la Paré de Piasca, Cabezón de Liébana (Cantabria)

-Fulión e mázcaras de Mourela para Acá, aldeas de Manzaneda

-Merdeiros de Vigo

-Peliqueiros, parranfáns e vaca de entrudio de Campobecerros, Castrelo do Val, Ourense

-Jarramplas, Piornal, Cáceres

-Atenazadores de San Vicente de la Cabeza, Cáceres

– Diablos y Mascaritas de Luzón, Guadalajara que unha diaba me tisnou a cara

-Follateiros de Lobios

-Cabreiros de Muiños

-Viva l’entroido Cabreirés de Pombriego, León

-Toro e o Xigante de Celavente, Ourense

-Madamas e Galáns de Cobres, Vilaboa, Pontevedra

e remataba cos Xenerais das Terras do Ulla

E creo que está todo.

Publicado por paideleo

Gústame barallar e axúdome de fotos

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar